venres, 16 de febreiro de 2018

A parella da Idade Moderna!

 Despois de investigar, descubrimos cal era esa parella famosa da Idade Moderna: 

ROMEO E XULIETA

Son os protagonistas dunha das obras de teatro máis populares do autor inglés  William Shakespeare.





Decidimos ler un resumo da fascinante historia! 




Estas son as súas caras ao descubrir o final!



É a historia de dous mozos namorados, que apesares da oposición das súas familias, rivais entre elas, deciden loitar polo seu amor ata o punto de casarse clandestinamente. Sen embargo, a non tolerancia das familias e unha serie de fatalidades conducen ao suicidio dos amantes.

Este é un pequeno resumo da historia 

mércores, 14 de febreiro de 2018

Semana do amor e amizade

Xa estamos de volta! 
Rematou o entroido,  comeza a semana ao amor e a amizade coincidindo coa celebración de San Valentín.

Pero, sabedes que parella de mozos namorados desafían ás súas familias porque se opoñen a o seu amor e que se coñeceron nun baile de disfraces?


DESDE A BIBLIOTECA para que poidades comezar  a investigar e descubrir a esa famosa parella que representa o amor durante a Idade MODERNA dannos estas pistas

Pistas: 
Non foron unha parella real.
A súa historia de amor ten moito que ver coa cidade de Verona.
Os protagonistas prefiren morrer que vivir un sen o outro.
Un balcón ten moito que ver coa parella.

Non deixes de  visitar a biblioteca para consultar!

Alí, tamén  atoparedes unha exposición de lecturas e historias de amor, amizade, bicos, tenrura....

Escoitade estes contos e despois di que é para ti o amor






venres, 9 de febreiro de 2018

Remate de festa

Tras unha semana moi divertida disfrazándonos das distintas etapas da historia, o venres era o día dedicado especialmente a nosa etapa: A IDADE  MODERNA

A nosa elección foi representar o descubrimento de América. Indíxenas e colonizadores ao mando de Colón.
Pouco a pouco fomos elaborando o disfrace.



E chegou o día!!! A disfrazarnos!!! 


Representamos o descubrimento de América.
Que ben o pasamos!!!


xoves, 8 de febreiro de 2018

Un entroido histórico!

Esta semana foi moi festeira,  a case todos nos encanta. Desfrutamos disfrazándonos cada día.

Luns: un recordo á prehistoria

Martes: Transportámonos á Idade Antiga como gregos, romanos....






Mércores: De paseo pola Idade Media como  princesas, reises , cabaleiros, monxes...





Xoves: A Idade Moderna e Contemporánea deixounos desfrutar e pasalo xenial!!!








 Este ano foi un entroido histórico!!!

E mañá... remate de festa

XA TEMOS TODO PREPARADIÑO!!!

mércores, 7 de febreiro de 2018

Preparando disfraces da Idade Moderna

Esta semana é moi especial para nós, estamos celebrando o entroido! 

Estamos súper atarefados facendo os nosos disfraces! Teñen moito que ver coa etapa histórica da  Idade Moderna.

De que iremos? Xa falta moi pouco para descubrilo
Mirade como traballamosssss

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Murar pola paz

Xa temos investigado sobre algúns dos símbolos mundiais da paz. Escollemos un deles, seguindo as indicacións do Equipo de biblioteca, dentro do Proxecto: "O paso da hitoria" e decidimos facer este mural conmemorativo.

Estes foron os pasos que seguimos:

Investigamos, recortamos, preparamos fondo...








deseñamos e realizamos


Eliximos lema

E.... este é o resultado final! Gustavos? A nós encántanosssss