Amosando publicacións coa etiqueta Aportacións de 5º A Idade Moderna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aportacións de 5º A Idade Moderna. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de febreiro de 2018

A parella da Idade Moderna!

 Despois de investigar, descubrimos cal era esa parella famosa da Idade Moderna: 

ROMEO E XULIETA

Son os protagonistas dunha das obras de teatro máis populares do autor inglés  William Shakespeare.





Decidimos ler un resumo da fascinante historia! 




Estas son as súas caras ao descubrir o final!



É a historia de dous mozos namorados, que apesares da oposición das súas familias, rivais entre elas, deciden loitar polo seu amor ata o punto de casarse clandestinamente. Sen embargo, a non tolerancia das familias e unha serie de fatalidades conducen ao suicidio dos amantes.

Este é un pequeno resumo da historia 

mércores, 14 de febreiro de 2018

Semana do amor e amizade

Xa estamos de volta! 
Rematou o entroido,  comeza a semana ao amor e a amizade coincidindo coa celebración de San Valentín.

Pero, sabedes que parella de mozos namorados desafían ás súas familias porque se opoñen a o seu amor e que se coñeceron nun baile de disfraces?


DESDE A BIBLIOTECA para que poidades comezar  a investigar e descubrir a esa famosa parella que representa o amor durante a Idade MODERNA dannos estas pistas

Pistas: 
Non foron unha parella real.
A súa historia de amor ten moito que ver coa cidade de Verona.
Os protagonistas prefiren morrer que vivir un sen o outro.
Un balcón ten moito que ver coa parella.

Non deixes de  visitar a biblioteca para consultar!

Alí, tamén  atoparedes unha exposición de lecturas e historias de amor, amizade, bicos, tenrura....

Escoitade estes contos e despois di que é para ti o amor






venres, 9 de febreiro de 2018

Remate de festa

Tras unha semana moi divertida disfrazándonos das distintas etapas da historia, o venres era o día dedicado especialmente a nosa etapa: A IDADE  MODERNA

A nosa elección foi representar o descubrimento de América. Indíxenas e colonizadores ao mando de Colón.
Pouco a pouco fomos elaborando o disfrace.



E chegou o día!!! A disfrazarnos!!! 


Representamos o descubrimento de América.
Que ben o pasamos!!!


mércores, 7 de febreiro de 2018

Preparando disfraces da Idade Moderna

Esta semana é moi especial para nós, estamos celebrando o entroido! 

Estamos súper atarefados facendo os nosos disfraces! Teñen moito que ver coa etapa histórica da  Idade Moderna.

De que iremos? Xa falta moi pouco para descubrilo
Mirade como traballamosssss

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Murar pola paz

Xa temos investigado sobre algúns dos símbolos mundiais da paz. Escollemos un deles, seguindo as indicacións do Equipo de biblioteca, dentro do Proxecto: "O paso da hitoria" e decidimos facer este mural conmemorativo.

Estes foron os pasos que seguimos:

Investigamos, recortamos, preparamos fondo...








deseñamos e realizamos


Eliximos lema

E.... este é o resultado final! Gustavos? A nós encántanosssss



luns, 18 de decembro de 2017

Invetigamos a sociedade na Idade Moderna!

Durante o pasado mes de decembro estivemos investigando sobre como era e estaba organizada a sociedade na Idade Moderna.

Descubrimos unha morea de cousas que nós foron sorprendendo, e animando para seguir investigando máis e máis. 


Cada un de nós, pouco a pouco, fomos aportando  e comparando os resultados das nosas investigacións. 



Este é o resultado final das nosas investigacións! 

Así foi a nosa exposición



Todo o noso traballo queda recollido neste libriño.




Un traballo xenial!  Sodes uns investigadores estupendos!
E a seguir traballando así de ben!!!

mércores, 15 de novembro de 2017

Rodando a historia: Unha experiencia difícil de esquecer ( 4ª sesión)

CUARTA CLASE
Para pechar esta experiencia, estivemos falando sobre o estado no que se atopa o Mosteiro e algunhas iniciativas que se pensaron ou realizaron para paliar este proceso de decadencia no que se atopa inmerso.


Unha das medidas que levaron a cabo este ano algúns veciños do pobo, foi a realización dunha asemblea aberta o sábado 19 de agosto na eira do convento, na que se denunciaba o abandono deste ben patrimonial. Aínda continúan algúns carteis na rúa, que lembran dito acontecemento. 



Era a nosa quenda! Propuxémoslle ao alumnado a posibilidade de escribirlle unha carta por parellas ó dono do Mosteiro na que reflexionasen sobre o pasado, presente e futuro daquel lugar.  



Sara vainos ler a carta que escribiu con Pedro:



Menudos escritores están feitos!



Como podedes apreciar os resultados foron moi bos, 
pero o proceso para chegar eles superou con creces ás expectativas.


 Que ORGULLOSA me sinto de todoS vós!! 
A profe María

sábado, 11 de novembro de 2017

Rodando a historia: Unha experiencia difícil de esquecer ( 3ª parte)

SAÍDA
E por fin chegou o día! 

TODOS e TODAS, incluído as mestras, estabamos moi ilusionados co feito de poder entrar naquel edificio, aínda que non tiñamos permiso para acceder a todas as zonas do Mosteiro polo seu estado.

Aquí tedes algunhas fotiños da saída:



Sen dúbida foi unha experiencia marabillosa dar a clase naquel lugar. Os nenos e nenas sentían curiosidade e interese por coñecer cada recuncho, fixábanse en aspectos que quizais noutrora puidesen pasar desapercibidos, coma un burato na pedra signo da anterior presenza dunha porta. Algunhas nenas incluso decidiron tomar anotacións para non esquecer o que se comentaba. 




Durante o percorrido acompañounos Fina, que é a señora que coida do Mosteiro dende fai 30 anos. Ela contounos anécdotas moi interesantes que vivira dentro daqueles muros, como cando roubaran a ala do Anxo de bronce ou se colaran fotógrafos a facer fotografías sen permiso.


Bótalle unha ollada ó libro que lle fixemos para darlle as grazas!




Tamén falamos con Matilde, unha veciña de Oia de 91 anos, que nos contou os seus recordos de cando estiveron “aquelas coitadas persoas presas neste inferno que era o Mosteiro”. As súas lembranzas chegáronnos a todos os alí presentes ó fondo, custaba crer aquelas historias, porén eran reais. 

Cando rematamos a visita polo Mosteiro, tiñamos unha última sorpresa por descubrir. Achegámonos ata un antigo galpón onde se atopa a LÁPIDA DUN ABADE, que fora roubada pola xente do pobo para construír aquel lugar.


En resumidas contas… unha práctica educativa INESQUECIBLE!!



mércores, 8 de novembro de 2017

Rodando a historia: Unha experiencia difícil de esquecer ( 2ª parte)

SEGUNDA CLASE


Empezamos a sesión compartindo os descubrimentos sobre o Mosteiro. Trouxeron pequenas procuras en Internet, contaron anécdotas dos avós, e, incluso, fixeron algún TRABALLO sobre o tema.




IMPRESIONADA! Así é como se sentiu María naquel momento.

Tras compartir aquela morea de información, fixemos un repaso pola historia do Mosteiro, que goza dun pasado moi glorioso no que estivo presente a máis alta nobreza. Este foi dotado de grandes privilexios, polos que velaban os relixiosos Bernardos que eran auténticos señores feudais na Idade Media e veraces monxes artilleiros na Idade Moderna. Ata que en 1835 se produciu a Desamortización de Mendizábal e nada volveu ser o mesmo. Co paso dos anos, o Mosteiro pasou a ser cárcere na Guerra Civil e pertenceu a diversas mans privadas que non conseguiron restablecer aquel maxestoso fulgor, permanecendo na actualidade no esquecemento e nun estado de absoluta decadencia.

Vexamos a presentación empregada para contar dita historia: 



E as súas cariñas de interese e entusiasmo:



No vídeo aparecen catro imaxes duns DEBUXOS que, no presente, seguen pintados nunha das habitacións do Mosteiro.  Os nenos e nenas tiveron que analizalos, antes de explicarlles que fora un campo de concentración durante a Guerra Civil. 


Recordos vividos dun preso





Así rexistraban os días de encarcelamento


Así rexistrou Ramón a súa estadía
Outra forma de contabilizar os longos días
Entre as emocións que sentiron cando viron aquelas ilustracións estaba: TRISTEZA, DESTREZA, MEDO, MELANCOLÍA, PENA, DESGRAZA, MORTE, TERRROR OU ODIO. Alegando que o motivo de que aqueles debuxos estiveran alí podería ser algún dos seguintes:

“Débense a un ataque ó Mosteiro”

“Son pintadas de alguén que estaba escondido e contaba os días para invadir o Mosteiro”

“Fíxoos un soldado que vivía alí e contaba os días para que a Guerra terminara”

“Realizounos unha persoa que estaba na encarcerada e contaba os días para a súa morte”

Esta última hipótese quizais sexa a que máis se aproxima a súa orixe, dado que foron realizadas por presos cataláns que estiveron no Mosteiro. Estes contaban os días que levaban dentro, debuxaban vivencias, ilusións que tiñan…



Neste Eduardo Pérez Míguez, veciño de Oia e sacristán no tempo en que o Mosteiro foi campo de concentración, conta os recordos que ten sobre aquela época de morte e tristeza. Un recurso coma este é clave para comprender o  acontecido, así que lemos algunhas liñas…

Eu levaba todos os días, todos os días á mañá cedo cando iba á misa os bolsillos, na chaqueta, no pantalón, cheos de pedaciños de pan de millo, e xa tiña os amigos.
Tiñan as cociñas no patio de armas ó entrar a porta pa dentro na parte de abaixo tiñan alí uns perolos, facían alí a comida. Por certo, que pensando naquela comida e no que comían e todo iso aínda se me agonía o corpo. Alí unha ola de auga, uns cantos quilos de castañas, que lle tocaría ó mellor a unha ou dúas a cada prisioneiro, iso era o que comían, iso era a comida. O capitán que había alí era de Vigo. O nome del, por sorte non me acorda, solo me acordo do apodo que lle puxeron Capitán Castaña pola comida que… claro! Correuse a voz e mirar aqueles homes ó mellor cun platiño de auga e un pedaciño de pan e a beber…

Volvendo á presentación, tamén se expón outro interrogante que resultou de gran interese para os cativos:

QUENES ERAN ESAS PERSOAS?

O cal se refire á xente que estivo alí encerrada e morreu, maioritariamente, por enfermidades.


Os datos foron extraídos da páxina Nomes e Voces, á que podedes acceder mediante o seguinte enlace: http://vitimas.nomesevoces.net/gl/buscar/?buscar=oia

Para poñer fin a unha clase de historia chea de emocións, visualizamos un vídeo para coñecer cal é o estado actual de dito ben patrimonial. 

luns, 6 de novembro de 2017

Rodando o ptrimonio: Unha experiencia difícil de esquecer ( 1ª Parte)

Dentro do Proxecto: "O paso da historia" e concretamente dentro da etapa a Idade Moderna, decimos coñecer o patrimonio que nos rodea.
Centramos as pescudas sobre o mosteiro de Oia xa que aínda que pertence a Idade Media, o seu máximo explendor  foi durante a Idade Moderna. Este foi o nexo conductor do paso da Idade Media Moderna que usamos na aula.

PRIMEIRA CLASE
Hoxe somerxémonos no emocionante e descoñecido mundo do patrimonio que tantas quebraduras de cabeza lles trouxo ós nenos e nenas, pois á hora de definilo saíron ideas moi dispares coma que :

“Pode que estea relacionado coa prehistoria”
“Sona a antigo”
“Custa moito diñeiro”



Xa sabían o que era! Estaban listos para comezar a viaxe por algúns dos lugares que conforman o patrimonio da comarca do Baixo Miño, os cales foran construídos na idade moderna ou tiveran un grande esplendor na mesma.

Quizais vos apeteza botarlle un ollo:



Ó final do vídeo aparecen uns interrogantes que dan pé á seguinte pregunta, que lles lanzamos para que responderan en grupos para, logo, poder comentar as súas respostas:


Que lugares da nosa contorna lle poderíamos ensinar este sábado a unha persoa estranxeira?

Entre os máis escollidos estiveron o monte Santa Trega, o Castelo de Santa Cruz, os Muíños do Folón e do Picón e o porto e as praias da Guarda. 



E o Mosteiro de Oia? Por que case ningún grupo o escollería?

Proporcionámoslles 3 PISTAS que os axudarán a ligalo coa historia do noso pobo:

Primeira


O escudo de Oia e unha figueira que aparece en dito escudo

Segunda


Carro que ía de Oia á Guarda ata a praza de San Bernardo ou “Praza dos Porcos”

Terceira

O Colexio dos Xesuítas da Pasaxe

COMEZA A INVESTIGACIÓN NA CASA! 

Saberán algo as familias sobre a historia do Mosteiro de Oia? 


O que está claro é que somos un equipo e entre TODOS sacaremos á luz a grande incógnita.

martes, 24 de outubro de 2017

Representación Idade Antiga

Esperamos con moitas ganas, algúns nervios pero con moita ilusión  a chegada do día da representación.


E... aquí nos tedes!!!  


 Ao principio nos parecía moi complicada con tanto pobo e civilización.
Pero deste xeito  foi moi divertido de aprender esta etapa da historia!!!

luns, 23 de outubro de 2017

Posta a punto para representar a Idade antiga

Coa información recollida decidimos facer unha pequena representación.


Empezamos a preparar todo!

Carteis cos nomes dos pobos e civilizacións  da etapa .









Debuxamos o mapa da Península

E... a ensaiar a representación!


luns, 16 de outubro de 2017

Compartimos investigacións

A pasada semana andivemos a voltas coas investigacións sobre a Idade Antiga.

Foi sorprendente descubrir a morea de civilizacións que existiron na antigüidade.  


O que máis nos chamou a atención foi a cantidade de pobos que viviron na Península Ibérica, as súas loitas, costumes e tamén descubrir cantas cousas nos deixaron en herdanza. 

Hoxe compartímolas cos compañeiros e comprobamos as coincidencias e debatemos as diferencias.


Con toda esta información, que podemos facer?


luns, 9 de outubro de 2017

Unha nova etapa

Despois de investigar e recordar a etapa da prehistoria, chega o momento de facer un percorrido pola historia.
Imos facer equipos para investigar os rasgos xerais da seguinte etapa: A Idade Antiga.



Recordade que na lapela do noso Blog "Recursos: O paso da historia"  tedes varias entradas con información, vídeos, esquemas... que podedes consultar.

Ide facendo as vosas anotacións, debuxos e esquemas par compartilos cos compañeiros!

luns, 2 de outubro de 2017

Liña do tempo: A prehistoria

Rematadas as investigacións sobre  a prehistoria,  decidimos iniciar a nosa  liña do tempo da historia.
Primeiro medimos cartolinas do mesmo  tamaño, recortámolas. 
Recortamos as letras das distintas etapas, pegámolas e ... 
Fáltanos facer dos debuxos, así que puxémonos mans a obra!!!
Seguimos! Agora a preparar todo para pegala no seu sitio. 
Colocámola nas tapas das persianas. 
Encántanos como quedou e estamos desexando comezar a seguinte etapa: A Idade Antiga

Feitos máis relevantes da prehistoria

Este é o resultado final das nosas investigacións sobre  Prehistoria.
Que contentos estamos! aprendemos unha morea de cousas!




venres, 29 de setembro de 2017

Cadernillo de traballo

Agora tedes a vosa disposición este cadernillo para que vaiadess escribindo pouco a pouco os resultados das vosas investigacións.



xoves, 28 de setembro de 2017

Descubrimos a historia

Xa tedes investigado moito  sobre a prehistoria, e descubrichedes unha morea de cousas que non coñecíades.













Bravo! estádelo facendo xenial!!

Despois de investigar, debater e compartir xa podemos amosarvos o primeiro paso do Proxecto: O paso da  historia
Canto aprendemos e cantas cousas descubrimos sobre a Prehistoria