Para
pechar esta experiencia, estivemos falando sobre o estado no que se atopa o
Mosteiro e algunhas iniciativas que se pensaron ou realizaron para paliar este
proceso de decadencia no que se atopa inmerso.
Unha
das medidas que levaron a cabo este ano algúns veciños do pobo, foi a
realización dunha asemblea aberta o sábado 19 de agosto na eira do convento, na
que se denunciaba o abandono deste ben patrimonial. Aínda continúan algúns
carteis na rúa, que lembran dito acontecemento.
Era a nosa
quenda! Propuxémoslle ao alumnado a
posibilidade de escribirlle unha carta por parellas ó dono do Mosteiro na que
reflexionasen sobre o pasado, presente e futuro daquel lugar.
Sara
vainos ler a carta que escribiu con Pedro:
Menudos escritores están feitos!
Como podedes apreciar os
resultados foron moi bos,
pero o proceso
para chegar eles superou con creces ás expectativas.
Que ORGULLOSA me sinto de todoS vós!!
A profe María
Ningún comentario:
Publicar un comentario